26/10/11

Venres 28 no 2º recreo, vémonos na Biblio


O venres intercambiarémonos os exemplares de Anxos en tempos de chuvia. Se eres do primeiro prazo de lectura, acorda traelo para que aos da segunda quenda lles dea tempo a lelo.

17/10/11

Martes, 18 de outubro, reunión no 2º recreo


Convocámosvos para unha reunión rápida mañán, martes no 2º recreo. Pasade pola biblioteca. Temos sorpresas para vos.

9/10/11

Preparando motores...

O luns 10, no 2º recreo na biblio, recolleremos as autorizacións para participar no club.

6/10/11

Venres 7 no 2º recreo, mini reunión


O venres 7 de outubro vémonos no segundo recreo na Biblioteca, para a primeira toma de contacto. Vén pronto, logo colles o bocata!!!

4/10/11

5 de outubro, día da camiseta!


O mércores pulularán polo instituto unha chea de camisetas...

Mira os sinais polo vestíbulo, podes unirte.
Só tes que preguntar a calquera das persoas que vistan a camiseta do club; eles guiarante.


Pronto botaremos a andar!!!

28/6/11

Ata o próximo ano!!!

O 23 de xuño comimos con Bernarda (e as súas fillas) aínda que algunha e algún tiveron que marchar para un exame...
Para abrirvos o apetito da próxima convocatoria, vede a diferencia entre a foto formal e a informal.
Por se sufrides de fame ou sede lectora... Orquídea recomenda:
1. Los Juegos del Hambre.
La guerra ha dejado transformado a Norteamérica en el país de Panem, dividido en doce distritos controlados por el tiránico poder del Capitolio. Sin libertad y en la pobreza, nadie puede salir de los límites de su distrito.
2.Willow
Los padres de Willow murieron en un trágico accidente de coche, dejándola no solo con el dolor que supone enfrentarse a una pérdida sino también con el peso de la culpabilidad, ya que era ella quien conducía...

Bo verán para tod@s!
E boa viaxe para os afortunados coas estancias no estranxeiro no mes de xullo!

13/6/11

Bernarda invítanos a xantar!!!


O mércores 22 de xuño, despois das clases da mañá vémonos na entrada do insti, porque quedaremos a xantar con Bernarda (disque levantou o loito polo seu defunto).
Só teredes que:
1. Recoller previamente unha autorización que firmarán os vosos pais. Debedes entregárnola como moi tarde o luns. Preguntade por o papel ás de sempre.
2. Traer o exemplar para devolvelo na biblioteca.
3. Vir con apetito e gañas de conversa.
4. Alguén traerá unha cámara? Bernarda di que a súa era das de usar e tirar e caducou:)
5. Se fixera moito sol: crema protectora solar e sombreiro (véxase a foto anexa)
6. Pensar unha serie de propostas de lectura para propoñerlles aos compañeiros para o verán.
Vémonos!!!

20/5/11

Café na casa de Bernarda


O mércores 25 de maio, Bernarda invítanos a tomar o café na súa casa (R/ da Cultura, MGB, Baixo B). Solicita puntualidade (16,30 horas), posto que tras o café e a charla iremos ao Teatro Principal d'A Estrada a felicitar aos compañeiros que este ano cursaron 2º de Bacharelato.
Podes ver un fragmento da representación aquí.

27/4/11

De excursión por Nigrán


O 7 de abril os membros do club de lectura e o alumnado de 1º de bacharelato do MGB fumos a Nigrán para recoñecer os lugares por onde pasearan O Rubio, Leo Caldas e outras personaxes.
As explicacións recibidas dende Monteferro por Xosé Lois Vilar axudaronnos a desenmarañar o caso policial e valorar o traballo de documentación de Domingo Villar.
Despois de tanto axetreo (paseo, avaliacións...) nin tempo tivemos a mostrarvos a foto de grupo. Nótase que a experiencia foi estupenda?
Aínda non descubrimos que significa 'Madorra', pero modorra...
Foto: Miguel Bugallo

8/4/11

O mércores 13 de abril, á Praia!!!


O mércores 13 de abril, ás 16,30 horas na MeGaBiblioteca falaremos de A praia dos afogados de Domingo Villar.
Con estas impropias calores no mes de abril, nada máis axeitado que refrescarse na Praia, aínda que esta ten algún cadáver e moito misterio. Traede a Leo Caldas, porque os exemplares decidiron pasar a Semana Santa en Ponte do Porto (na Costa do Morte, de seguro que eles precisarán menos explicacións sobre as artes de pesca que nós).
Os compañeiros de 1º de Bacharelato comentarannos a novela anterior do autor: Ollos de auga, e preparádevos, a terceira do inspector xa está no prelo.