3/12/07

Xa comezamos...


O mércores (28 de novembro) tivemos o primeiro encontro. Alí repartimos un díptico cas propostas de lectura para a próxima convocatoria: o 12 de decembro ás 16:30 horas na Biblioteca do IES Manuel García Barros.


O tema no mes de decembro será "A Guerra Civil española: a ti, como cho contaron?". Ás propostas alí recollidas, os participantes incorporaron:

  • Las trece rosas de Emilio Martínez Lázaro, 2007.(película)
  • LLamazares, Julio: Luna de lobos, Seix Barral, Barcelona, 1985.
  • Fernán Gómez, Fernando: Las bicicletas son para el verano, Espasa-Calpe, Madrid, 1998.
  • Tamén en película: Las bicicletas son para el verano, de Jaime Chávarri, 1998.
  • Fernández Ferreiro, Xosé: Agosto do 36, Xerais, Vigo, 2005.
Podes incorporar calquera lectura sobre o tema... estamos dispostos a escoitala.
¡Vémonos o mércores 12!

2 comentarios:

Alba dijo...

Chegaron as tropas da capital e ocuparon o concello. Mamá saíu para ir á misa e volveu pálida e tristeira, como se se fixera vella en media hora.
"Están pasando cousas terribles, Ramón", oín que lle dicía, entre saloucos, ao meu pai. Tamén el envellecera. Peor aínda. Parecía que perdera toda a vontade. Esfondárase no sillón e non se movía. Non falaba. Non quería comer.
" Hai que queimar as cousas que te comprometan, Ramón. Os periódicos, os libros. Todo".
[...] Recorda isto, Moncho. Papá non era republicano. Papá non era amigo do alcalde. Papá non falaba mal dos curas. E outra cousa moi importante, Moncho. Papá non lle regalou un traxe ao mestre".
"Si que llo regalou".
"Non, Moncho. Non llo regalou. Entendiches ben? Non llo regalou".
"Non, mamá, non llo regalou"

Rivas, Manuel: "A lingua das bolboretas", en ¿Que me queres amor? , Galaxia, Vigo, 1996, páxinas 36-37.

Andersen dijo...

Este conto de Manolo Rivas recolle parte da nosa historia recente: as vivencias dos mestres ao estalar a guerra civil. O sucedido a este mestre, pobre e entregado, foi en gran parte o que lle ocurriu a moitos... Alguén moi querido para min contoume como o seu home tivo que fuxir de España porque un ex alumno o delatara. Pura historia viva. Rivas ten outras obras nas que relata a Memoria como "O lapis do carpinteiro" ou "Os libros arden mal".