7/11/08

De volta!!! (e media)

O club de lectores NA Estrada-525 retoma a súa andaina neste curso. Reunirémonos o mércores 12 de novembro ás 16,30, na Biblioteca do IES Manuel García Barros, para presentármonos.


Para participar neste club precisas moi pouco:
- Ter entre 14 e 90 anos.
- Estar vinculad@ ao IES Manuel García Barros (podes ser alumn@, persoal non docente, pai ou nai dun alumno, ou profesor@).
- Compartir as túas lecturas cos membros do club.

Se necesitas máis información sobre o club, podes falar con Chelo, Juana, Mayte e outros participantes na edición anterior (Paulas, Abel, Alba, María, Fany, Raquel...)

Se queres participar e non podes acudir ese día, fala con Mayte.

Esperámoste. Vémonos alí.






2 comentarios:

Etephaníe dijo...

¡Hola! son Fanny esto é para que logo Mayte non nos berre por non deixar comentario.
O club de lectores volveu poñerse en marcha e a primeira reunión non foi moi exitosa por iso quero animar a xente a que lle guste ler que veña e tamén dicirlles que se veñen non se van arrepentir.
¡NA PRÓXIMA REUNIÓN ESPERO VER XENTE NOVA!

Saúdos

Fanny

Andersen dijo...

Eu tamén espero as caras novas, as aportacións de películas, cómics, álbums e novelas (aínda que me temo que alguén traerá unha mistura de novela e ensaio)...Fanny, se che berran no club, dimo e lles chamamos a atención. Este grupo é para charlar e compartir, non para os berros nin as malas caras, para iso é voluntario.
Esperámosvos ´na próxima reunión.