8/6/10

Sorpresa!

Moitos de vós xa o sabiades, pero o vindeiro mércores 16 teremos dous invitados moi especiais: un deles e o clube de lectura Ptolomeo , do IES Antón Fraguas (Santiago de Compostela). O outro invitado é Marilar Aleixandre, a autora do libro deste mes, e doutros moi coñecidos como "A expedición do Pacífico" ou "Teoría do Caos". Vémonos o mércores 16 ás 4 e media na biblioteca do centro. Esperámosvos.
Datos adicionais:
Web do clube de lectura Ptolomeo, aquí.
Marilar Aleixandre en Wikipedia (castelán).
Marilar Aleixandre en Wikipedia (galego, máis completo).

ADVERTENCIA: Esta reunión, por desgraza, cambiouse. Podes ver a información aquí.

1 comentario:

Mayte leis dijo...

Grazas pola información tan completa. Os enlaces permítennos xa ir coñecendo aos nosos convidados; aos que agardamos con ansia.
Ata o 16 de xuño!