3/11/10

Imos a Carboeiro nunha tarde de medo!


O venres 5 de novembro marchamos ao mosteiro de Carboeiro en Silleda para facer unha contada de medo. Compartiremos a experiencia cos membros dos clubes de lectura As campaíñas, Fraga de Novio, IESCALdasletras e As Portadas; dos centros educativos de Caldas de Reis, Cuntis, Portas e Porto do Son.

Recordade vestir roupa cómoda e de abrigo (e traer a comida). Ao saír das aulas ás 14,25 deixaremos as mochilas "académicas" gardadas e comeremos xuntos, ate que o autobús contratado cos outros clubes nos recolla (aproximadamente ás 16.00) e nos leve a Silleda. Esta actividade é exclusiva para os membros do club de lectura (que deberán entregar a autorización asinada polo titor legal). Ao regreso (previsto para as 19.30 horas) o autobús nos deixará no noso instituto.
As profesoras acompañantes serán Marga Vidal e Mayte leis (coordinadoras do club de lectura).
Ide preparándovos para o medo! Xa tendes preparada unha lectura? Precisamos tres ou catro voluntarios.

1 comentario:

stephanie dijo...

Foi unha tarde realmente boa!, eu paseino moi ben. O que máis me gustou foron, por suposto, os contos de Celso, a maneira que ten de contalos, non sei, pero fai que os contos se convirtan en especiais. O peor desta tarde de medo como ben di no título da entrada, foi a pequena idade dos membros dos outros clubs, pero foi unha boa tarde :)
Un saúdo a todos.

Fanny.