15/6/10

Non puido ser...


Desgraciadamente, temos recentes noticias de que Marilar Aleixandre non pode acudir ao clube por motivos personais, e o clube de lectura Ptolomeo decidiu non vir, debido a esto.

Por estes motivos, decidiuse pospoñer a reunión ao mércores 23, data na que é mais doado para os membros asistir. Vémonos na biblioteca do centro ás 12 da mañá , con cabeza ou sen ela...

2 comentarios:

Mayte dijo...

Esa é a cara que nos quedou a todos cando nos enteramos de que non íamos ter as esperadas visitas. Cando dis "con cabeza ou sen ela", refíreste á novela A cabeza da Medusa ou á falla de cordura?

Álvaro dijo...

Me parece que a un pouco das dúas; unha especie de xogo de palabras, pois para ler ben cómpre estar un pouquiño tolo: a imaxinación é a parte máis importante do cerebro dun lector.