15/6/15

Comida o 22 de xuño de 2015

O luns 22 de xuño compartiremos pizzas e charla. Ven a partir das 14.00 horas. Se recibiches un correo, se formas ou formaches parte do club neste ou en anos anteriores... achégate, estaremos encantados de recibirte.
Só recordade, os menores de idade, traer canto antes as autorizacións asinadas polos vosos pais.


 Esperemos escoitar música de violíns e o zumbido das moscas:)

16/6/14

Xantar o mércores 18 de xuño!!!

Reunión do club de lectura o mércores 18 comemos xuntos no instituto. Lembrade traer a autorización e ler o correo electrónico que vos enviamos. Agardámosvos ás 14,35 para celebrar o final do curso.

21/4/14

Enrugas, no Día do Libro, 23 de abril

Este mércores 23 de abril comentaremos...


Un cómic imprescindible que acompañaremos coa visualización da película.
Non te perdas o xantar xuntos para poder disfrutar da peli e da charla posterior.

18/2/14

Próximas reunións: 12 e 19 de marzo

O encontro para falar de Sostiene Pereira (Afirma Pereira na versión en galego) será o 12 de marzo ás 16:30.
O 19 de marzo comeremos xuntos para comentar a seguinte obra e ver unha película que logo comentaremos.
Se ainda non tes un exemplar de Tabucchi, pídeo.
Vémonos!

Interesante vídeo: Persoas-libro

Atopei no blogue do escritor Agustín Fernández Paz, esta proposta de persoas-libro... Algúns recordaredes ter feito algo similar...




Non vos perdades nin o vídeo, nin unha visita ao blogue de Agustín.

12/11/13

Mércores 13, ás 16:30 horas. Cita cun vello...

Esta será a nosa primeira xuntanza longa, por fin. Comentaremos a lectura de Un viejo que leía novelas de amor, de Luis Sepúlveda... É probable que vexamos algunha escea...
"Escea", non cea... Procuraremos rematar ás 18:00 ou 18:30 é dicir que cear, ceamos na casa, merendar... pode ser:)...
Vémonos na biblioteca. Agardámosvos.

20/6/13

Comida fin de curso, martes 25 de xuño

O martes 25 de xuño, día da entrega de boletíns, quedarémonos a comer todos os membros do club no instituto. Recordade que están tamén invitados os exmembros, os que andan polas universidades e polos centros de FP; estean por Galicia, España ou no estranxeiro... Avisádeos!!
Lembrade traer o/os exemplares dos títulos que lles recomendaredes ler aos vosos compañeiros no verán.
Tentaremos que os postres sexan caseiros ;)
Agardámosvos.

16/6/13

Recomendáchedes para o verán...

Os membros dos clubes de lectura Os retelladores do galiñeiro do IES Antón Losada e os de NA Estrada-525 recomendan a seguinte relación de propostas de lecturas para o verán. Segundo os rapaces, estes son os títulos que deben ser lidos antes de rematar a adolescencia.... Xa podemos poñernos a lelos... (algúns con máis urxencia ca outros, depende da idade:)

14/5/13

Mércores 16 de maio, vai de vampiros

Na tarde (posiblemente) chuviosa e fría (de maio!!) nada mellor que estar acompañad@ para espantar o medo que provoca o libro de Stoker...
Na biblioteca vémonos.

7/2/13

El Club del Miedo, cambiou á 27 de febreiro

A reunión convocada para o mércores 6 de febreiro foi adiada para o mércores 27 de febreiro por mor da folga de alumnos. Vémonos o 27 de febreiro ás 16,30 para falar ao redor de El club del Miedo, o novo cómic de Mariano Casas, quen estará con nós como autor e como membro do club de lectura.
Se aínda non o liches, pasa pola biblioteca no segundo recreo e pasarémoste un exemplar.
Ademáis, cada lector comentará outra obra de banda deseñada.
(Prepara os exames con tempo, para ter esa tarde libre...Che pesará se estamos todos xuntos e faltas ti)