13/12/07

Decembro, a Guerra Civil


O 12 de decembro reunímonos para falar do tema do mes (a Guerra Civil española), e moitos dos participantes no club comentaron Los girasoles ciegos de Alberto Méndez. As opinións coincidían na loanza deste libro formado por catro relatos.
Se desexades saber máis da obra, teredes que agardar os comentarios, ou podedes consultar as recensións -xa publicadas noutros medios- que atoparedes á dereita.

3/12/07

Xa comezamos...


O mércores (28 de novembro) tivemos o primeiro encontro. Alí repartimos un díptico cas propostas de lectura para a próxima convocatoria: o 12 de decembro ás 16:30 horas na Biblioteca do IES Manuel García Barros.


O tema no mes de decembro será "A Guerra Civil española: a ti, como cho contaron?". Ás propostas alí recollidas, os participantes incorporaron:

  • Las trece rosas de Emilio Martínez Lázaro, 2007.(película)
  • LLamazares, Julio: Luna de lobos, Seix Barral, Barcelona, 1985.
  • Fernán Gómez, Fernando: Las bicicletas son para el verano, Espasa-Calpe, Madrid, 1998.
  • Tamén en película: Las bicicletas son para el verano, de Jaime Chávarri, 1998.
  • Fernández Ferreiro, Xosé: Agosto do 36, Xerais, Vigo, 2005.
Podes incorporar calquera lectura sobre o tema... estamos dispostos a escoitala.
¡Vémonos o mércores 12!

25/11/07

Comeza o percorrido de NA Estrada-525

O club de lectores NA Estrada-525 ponse en marcha para compartir lecturas, películas...
Este club está aberto á participación de alumnos (a partir de 15 anos), profesores, persoal non docente, pais e nais... é dicir, á comunidade educativa do IES Manuel García Barros. A primeira reunión celebrarase o mércores 28 de novembro ás 15,45 na biblioteca do instituto. Aínda estás a tempo de inscribirte, no 2º recreo dos luns e os venres, ou ben fala con Chelo ou Mayte.
Este blogue permitirá a colaboración doutros lectores alleos ao centro.