21/12/10

Celebramos a lotería...


O mércores 22 de decembro comentaremos a novela de Baricco, Seda. De seguro celebramos... a sorte de estar xuntos, da charla e...

19/11/10

Un novembro de Nobel


O mércores 17 de novembro tomamos o chocolate con churros con Vargas Llosa:) e comentamos "La ciudad y los perros" deste recente gañador do Premio Nobel. Podedes facer os vosos comentarios en Letras frescas.

6/11/10

En Carboeiro...


Trece membros do club fomos o venres pola tarde ao mosteiro de Carboeiro e reunímonos cos lectores de Portas, Cuntis, Porto do Son e Caldas. Eles nos ofreceron unhas representacións sobre o medo e nós límoslles "Casa tomada" un dos nosos relatos preferidos.
Aplaudimos o bo facer de todos eles cunhas postas en escea sorprendentes e tamén disfrutamos da "contada" de Celso Fernández Sanmartín, quen relatounos historias que a el lle contaron os maiores...

3/11/10

Imos a Carboeiro nunha tarde de medo!


O venres 5 de novembro marchamos ao mosteiro de Carboeiro en Silleda para facer unha contada de medo. Compartiremos a experiencia cos membros dos clubes de lectura As campaíñas, Fraga de Novio, IESCALdasletras e As Portadas; dos centros educativos de Caldas de Reis, Cuntis, Portas e Porto do Son.

Recordade vestir roupa cómoda e de abrigo (e traer a comida). Ao saír das aulas ás 14,25 deixaremos as mochilas "académicas" gardadas e comeremos xuntos, ate que o autobús contratado cos outros clubes nos recolla (aproximadamente ás 16.00) e nos leve a Silleda. Esta actividade é exclusiva para os membros do club de lectura (que deberán entregar a autorización asinada polo titor legal). Ao regreso (previsto para as 19.30 horas) o autobús nos deixará no noso instituto.
As profesoras acompañantes serán Marga Vidal e Mayte leis (coordinadoras do club de lectura).
Ide preparándovos para o medo! Xa tendes preparada unha lectura? Precisamos tres ou catro voluntarios.

24/10/10

Mércores, 20 de outubro. Facendo as Américas


O pasado mércores estivemos a falar dos relatos previamente seleccionados de dous dos mellores contistas hispanoamericanos: Julio Cortázar e Horacio Quiroga... Pero a conversa nos levou por camiños imprevistos, así poidemos observar o traballo do grupo blublu, xa que un dos textos comentados era "Graffitti".
Nesta primeira reunión poidemos ir coñecendo as preferencias lectoras dos novos membros do club e disfrutar deste tempo xuntos. Benvida a tod@s!
Deixade a vosa opinión no blog Letras frescas

11/10/10

Venres 15 de outubro, levamos de ler

Para ir abrindo o apetito...
O venres (no segundo recreo) vos entregaremos a antoloxía de relatos que temos preparada sobre Julio Cortázar e Horacio Quiroga; mentres podedes escoitar o relato "Casa tomada" na voz do actor arxentino Alberto Laiseca.

30/9/10

Vémonos o venres 1 de outubro

No segundo recreo do venres 1 de outubro vémonos os membros do club de lectura do curso pasado na biblioteca do MGB para falar dos novos proxectos.

Se vedes a algún compañeir@, avisádeo porque quizais non o saiba.
Agora no outono... Comezamos o camiño?



17/7/10

María y yo no cine

Con relación a El curioso incidente del perro a medianoche que lemos no mes de marzo, recomendóusenos a lectura do cómic María y yo, unha grande historia dun home, pai dunha nena autista, María, que conta a súa viaxe ás illas Canarias. Miguel Gallardo e María Gallardo escribiron o libro que me transmitiu que os nenos “especiais” teñen unha condición; non buscan unha cura senón aceptación e respecto, pero tamén transmite as dificultades que sofren os país: impotencia ante a súa actitude que, en realidade, é a normal para estas cariñosas e inocentes persoas, e tamén, como consecuencias, os frecuentes problemas de convivencia. Agora o libro, bo e breve, pasou ás imaxes dinámicas: a película. Dirixida por Félix Fernández de Castro e coa imprescindible axuda do pai, lograron mostrar ao mundo o carisma da súa vida.

María y yo, o largometraxe, estreouse en cines onte venres 16 de xullo. Aquí tendes a ligazón do trailer:
http://www.elmundo.es/elmundo/trailers/fichas/2010/07/5089_maria_y_yo.html
Paula Romero

27/6/10

Acabouse...de momento.

Pechamos o blogue do clube de lectores ata o ano que vén, despois dunha reunión final falando de todo un pouco. Esperámosvos o próximo curso lectivo ;)

15/6/10

Non puido ser...


Desgraciadamente, temos recentes noticias de que Marilar Aleixandre non pode acudir ao clube por motivos personais, e o clube de lectura Ptolomeo decidiu non vir, debido a esto.

Por estes motivos, decidiuse pospoñer a reunión ao mércores 23, data na que é mais doado para os membros asistir. Vémonos na biblioteca do centro ás 12 da mañá , con cabeza ou sen ela...

8/6/10

Sorpresa!

Moitos de vós xa o sabiades, pero o vindeiro mércores 16 teremos dous invitados moi especiais: un deles e o clube de lectura Ptolomeo , do IES Antón Fraguas (Santiago de Compostela). O outro invitado é Marilar Aleixandre, a autora do libro deste mes, e doutros moi coñecidos como "A expedición do Pacífico" ou "Teoría do Caos". Vémonos o mércores 16 ás 4 e media na biblioteca do centro. Esperámosvos.
Datos adicionais:
Web do clube de lectura Ptolomeo, aquí.
Marilar Aleixandre en Wikipedia (castelán).
Marilar Aleixandre en Wikipedia (galego, máis completo).

ADVERTENCIA: Esta reunión, por desgraza, cambiouse. Podes ver a información aquí.

18/5/10

Vén buscalos!!!

Xa temos cinco exemplares de A cabeza da Medusa á vosa disposición. Vinde buscalos á biblioteca.

Se desexas ler recensións sobre a novela, consulta: http://redelectura.blogspot.com/2009/04/cabeza-da-medusa.html

Lembra que vémonos o 16 de xuño !!!

12/5/10

O 16 de Xuño, A Cabeza da Medusa

Tras un lixeiro "fracaso" de Nada entre os lectores do clube (asistentes e non asistentes), o 16 de xuño, na nosa derradeira sesión anual, comentaremos A Cabeza da Medusa , obra de Marilar Aleixandre, autora de coñecidas obras como "A Expedición do Pacífico" ou "Paxaros de papel". Non esquezades o voso exemplar (se ainda non o tedes xa sabedes a quen acudir).
Esperámosvos.

20/4/10

O mércores 12, Nada

Nada, de Carmen Laforet, é o libro escollido para a reunión do clube de lectores que terá lugar o 12 de Maio. Xa sabedes a hora: 4:30 na biblioteca do IES M. García Barros. Non esquezades trae-lo voso exemplar e o estómago baleiro...

6/4/10

Mércores 7 de abril, a segar o centeo!


O mércores 7 de abril comentaremos El guardián entre el centeno, a obra xa clásica de J.D. Salinger. Vémonos, coma sempre ás 16,30 na biblioteca do MGB. Acordádevos de traer os exemplares que nos prestou o CPI da Baña, para devolverllelos.

24/3/10

En marzo, El curioso incidente del perro a medianoche


O mércores 24 falamos sobre El curioso incidente del perro a medianoche mentres nos deleitamos con un exquisito chocolate con churros.
Para abril leremos Un guardián entre el centeno de J. D. Salinger. Se non tes o teu ejemplar non dubides en pedilo na biblioteca; hai exemplares suficientes que no los prestou o CPI da Baña. Achégate a compartir opinións o día 7 de abril ás 16:30.
Podedes ler a entrada que un membro do club escribiu en Letras Frescas (si, é o blogue da túa dereita, tica e xa entras).




J.C.

9/2/10

Febreiro, Un loto en la nieve

O mércores 10 de febreiro, ás 16,30 charlaremos sobre a novela Un loto en la nieve. Para compensar os fríos asturianos e tibetanos merendaremos chocolate quentiño!

Se non estamos na biblioteca, búscanos. Deixaremos unha mensaxe co novo enderezo nos lugares habituais dos carteis do club. (É posible que a biblioteca sexa utilizada polas equipas que participan no xogo Odisea).

Lembra traer o teu exemplar; para devolverllelos ao CPI da Baña.
Agardámoste!!!

11/1/10

Sin vuelta atrás de Sierra i Fabra

O mércores 13 de xaneiro falaremos de Sin vuelta atrás, unha novela do coñecido escritor Jordi Sierra i Fabra.
Se desexas máis información sobre este libro, ou ler o seu primeiro capítulo, podes facelo na páxina da editorial SM: http//www.espaciolibros.grupo-sm.com/archives/204
Vémonos o mércores ás 16,30 horas na biblioteca do MGB. O chocolate e os churros nos axudarán a sobrelevar o frío (o invernal e o da temática).
Sobre o tema podes visitar os seguintes enlaces: http://www.acosomoral.org/indexbully.htm

Ver o seguinte vídeo: