27/4/11

De excursión por Nigrán


O 7 de abril os membros do club de lectura e o alumnado de 1º de bacharelato do MGB fumos a Nigrán para recoñecer os lugares por onde pasearan O Rubio, Leo Caldas e outras personaxes.
As explicacións recibidas dende Monteferro por Xosé Lois Vilar axudaronnos a desenmarañar o caso policial e valorar o traballo de documentación de Domingo Villar.
Despois de tanto axetreo (paseo, avaliacións...) nin tempo tivemos a mostrarvos a foto de grupo. Nótase que a experiencia foi estupenda?
Aínda non descubrimos que significa 'Madorra', pero modorra...
Foto: Miguel Bugallo

8/4/11

O mércores 13 de abril, á Praia!!!


O mércores 13 de abril, ás 16,30 horas na MeGaBiblioteca falaremos de A praia dos afogados de Domingo Villar.
Con estas impropias calores no mes de abril, nada máis axeitado que refrescarse na Praia, aínda que esta ten algún cadáver e moito misterio. Traede a Leo Caldas, porque os exemplares decidiron pasar a Semana Santa en Ponte do Porto (na Costa do Morte, de seguro que eles precisarán menos explicacións sobre as artes de pesca que nós).
Os compañeiros de 1º de Bacharelato comentarannos a novela anterior do autor: Ollos de auga, e preparádevos, a terceira do inspector xa está no prelo.