8/4/11

O mércores 13 de abril, á Praia!!!


O mércores 13 de abril, ás 16,30 horas na MeGaBiblioteca falaremos de A praia dos afogados de Domingo Villar.
Con estas impropias calores no mes de abril, nada máis axeitado que refrescarse na Praia, aínda que esta ten algún cadáver e moito misterio. Traede a Leo Caldas, porque os exemplares decidiron pasar a Semana Santa en Ponte do Porto (na Costa do Morte, de seguro que eles precisarán menos explicacións sobre as artes de pesca que nós).
Os compañeiros de 1º de Bacharelato comentarannos a novela anterior do autor: Ollos de auga, e preparádevos, a terceira do inspector xa está no prelo.

20/2/11

En marzo, voarán Cometas en el cielo


O mércores 16 de marzo charlaremos sobre Cometas en el cielo. Se aínda non tes o teu exemplar, ven a buscar os libros que xenerosamente nos prestaron os clubes de lectores Arao (do IES de Ponte do Porto) e do CPI de Pontecarreira.

17/2/11

Adiada a reunión para o 2º recreo do venres 18 de febreiro


Se antes decimos "No pasó nada" resulta que un temporal activa a alerta amarela e a Consellería suspende as actividades extraescolares o mércores pola tarde... Menos mal que Skármeta espera por todos vós o venres no 2º recreo.
P.D. Non voltaremos a escoller ningún título que poda ser susceptible de ventos, temporais, nevadas... Menos mal que o sorriso de Lucho nos ilumina!

11/2/11

En febreiro, No pasa nada


O 16 de febreiro charlaremos sobre a novela breve do chileno Skármeta. Se queres coñecer mellor ao autor... le e escoitao (ata canta)
Outras visións sobre a emigración, nos cómics Emigrantes, Freda ou Tim Oruno 2 na MeGaBiblioteca.

12/1/11

O 19 de xaneiro día do Orgullo (e do Prejuicio)


O mércores 19 de xaneiro, ás 16,30 horas, reunirémonos para charlar sobre a novela de Jane Austen Orgullo y prejuicio.
Recuerda traerte a Lizzy, Darcy, Jane... y no te olvides de Mr. y Mrs. Bennet.

A nós tocounos a lotería!!!


O pasado 22 de decembro enterámonos da resolución das subvencións para os clubs de lectura concedidas pola Consellería de Educación... e recibimos unha retribución económica para continuar coas actividades do club. Na súa maior parte este orzamento destinarase a adquisición de exemplares, que serán utilizados polos membros do club, a comunidade escolar do IES Manuel García Barros.
O premio, como podedes comprobar, foi por aproximación:)

21/12/10

Celebramos a lotería...


O mércores 22 de decembro comentaremos a novela de Baricco, Seda. De seguro celebramos... a sorte de estar xuntos, da charla e...

19/11/10

Un novembro de Nobel


O mércores 17 de novembro tomamos o chocolate con churros con Vargas Llosa:) e comentamos "La ciudad y los perros" deste recente gañador do Premio Nobel. Podedes facer os vosos comentarios en Letras frescas.

6/11/10

En Carboeiro...


Trece membros do club fomos o venres pola tarde ao mosteiro de Carboeiro e reunímonos cos lectores de Portas, Cuntis, Porto do Son e Caldas. Eles nos ofreceron unhas representacións sobre o medo e nós límoslles "Casa tomada" un dos nosos relatos preferidos.
Aplaudimos o bo facer de todos eles cunhas postas en escea sorprendentes e tamén disfrutamos da "contada" de Celso Fernández Sanmartín, quen relatounos historias que a el lle contaron os maiores...

3/11/10

Imos a Carboeiro nunha tarde de medo!


O venres 5 de novembro marchamos ao mosteiro de Carboeiro en Silleda para facer unha contada de medo. Compartiremos a experiencia cos membros dos clubes de lectura As campaíñas, Fraga de Novio, IESCALdasletras e As Portadas; dos centros educativos de Caldas de Reis, Cuntis, Portas e Porto do Son.

Recordade vestir roupa cómoda e de abrigo (e traer a comida). Ao saír das aulas ás 14,25 deixaremos as mochilas "académicas" gardadas e comeremos xuntos, ate que o autobús contratado cos outros clubes nos recolla (aproximadamente ás 16.00) e nos leve a Silleda. Esta actividade é exclusiva para os membros do club de lectura (que deberán entregar a autorización asinada polo titor legal). Ao regreso (previsto para as 19.30 horas) o autobús nos deixará no noso instituto.
As profesoras acompañantes serán Marga Vidal e Mayte leis (coordinadoras do club de lectura).
Ide preparándovos para o medo! Xa tendes preparada unha lectura? Precisamos tres ou catro voluntarios.