27/4/11

De excursión por Nigrán


O 7 de abril os membros do club de lectura e o alumnado de 1º de bacharelato do MGB fumos a Nigrán para recoñecer os lugares por onde pasearan O Rubio, Leo Caldas e outras personaxes.
As explicacións recibidas dende Monteferro por Xosé Lois Vilar axudaronnos a desenmarañar o caso policial e valorar o traballo de documentación de Domingo Villar.
Despois de tanto axetreo (paseo, avaliacións...) nin tempo tivemos a mostrarvos a foto de grupo. Nótase que a experiencia foi estupenda?
Aínda non descubrimos que significa 'Madorra', pero modorra...
Foto: Miguel Bugallo

8/4/11

O mércores 13 de abril, á Praia!!!


O mércores 13 de abril, ás 16,30 horas na MeGaBiblioteca falaremos de A praia dos afogados de Domingo Villar.
Con estas impropias calores no mes de abril, nada máis axeitado que refrescarse na Praia, aínda que esta ten algún cadáver e moito misterio. Traede a Leo Caldas, porque os exemplares decidiron pasar a Semana Santa en Ponte do Porto (na Costa do Morte, de seguro que eles precisarán menos explicacións sobre as artes de pesca que nós).
Os compañeiros de 1º de Bacharelato comentarannos a novela anterior do autor: Ollos de auga, e preparádevos, a terceira do inspector xa está no prelo.

20/2/11

En marzo, voarán Cometas en el cielo


O mércores 16 de marzo charlaremos sobre Cometas en el cielo. Se aínda non tes o teu exemplar, ven a buscar os libros que xenerosamente nos prestaron os clubes de lectores Arao (do IES de Ponte do Porto) e do CPI de Pontecarreira.

17/2/11

Adiada a reunión para o 2º recreo do venres 18 de febreiro


Se antes decimos "No pasó nada" resulta que un temporal activa a alerta amarela e a Consellería suspende as actividades extraescolares o mércores pola tarde... Menos mal que Skármeta espera por todos vós o venres no 2º recreo.
P.D. Non voltaremos a escoller ningún título que poda ser susceptible de ventos, temporais, nevadas... Menos mal que o sorriso de Lucho nos ilumina!

11/2/11

En febreiro, No pasa nada


O 16 de febreiro charlaremos sobre a novela breve do chileno Skármeta. Se queres coñecer mellor ao autor... le e escoitao (ata canta)
Outras visións sobre a emigración, nos cómics Emigrantes, Freda ou Tim Oruno 2 na MeGaBiblioteca.

12/1/11

O 19 de xaneiro día do Orgullo (e do Prejuicio)


O mércores 19 de xaneiro, ás 16,30 horas, reunirémonos para charlar sobre a novela de Jane Austen Orgullo y prejuicio.
Recuerda traerte a Lizzy, Darcy, Jane... y no te olvides de Mr. y Mrs. Bennet.

A nós tocounos a lotería!!!


O pasado 22 de decembro enterámonos da resolución das subvencións para os clubs de lectura concedidas pola Consellería de Educación... e recibimos unha retribución económica para continuar coas actividades do club. Na súa maior parte este orzamento destinarase a adquisición de exemplares, que serán utilizados polos membros do club, a comunidade escolar do IES Manuel García Barros.
O premio, como podedes comprobar, foi por aproximación:)

21/12/10

Celebramos a lotería...


O mércores 22 de decembro comentaremos a novela de Baricco, Seda. De seguro celebramos... a sorte de estar xuntos, da charla e...

19/11/10

Un novembro de Nobel


O mércores 17 de novembro tomamos o chocolate con churros con Vargas Llosa:) e comentamos "La ciudad y los perros" deste recente gañador do Premio Nobel. Podedes facer os vosos comentarios en Letras frescas.

6/11/10

En Carboeiro...


Trece membros do club fomos o venres pola tarde ao mosteiro de Carboeiro e reunímonos cos lectores de Portas, Cuntis, Porto do Son e Caldas. Eles nos ofreceron unhas representacións sobre o medo e nós límoslles "Casa tomada" un dos nosos relatos preferidos.
Aplaudimos o bo facer de todos eles cunhas postas en escea sorprendentes e tamén disfrutamos da "contada" de Celso Fernández Sanmartín, quen relatounos historias que a el lle contaron os maiores...