17/6/12

Comida do 20 de xuño de picnic, se o tempo o permite

O mércores 20 de xuño celebramos o remate do quinto ano do club de lectura. Para desexarnos boas lecturas no verán, teremos unha animada reunión de CCC (comida, charla e Conan Doyle). Non esquenzades nin o exemplar de Estudio en escarlata (temos que devolvelos ás bibliotecas do CPI Afonso VII, do IES Aquas Celenis e á Municipal d'A Estrada que nolos emprestaron) nin o bocata.
Imos enfriando os refrescos:)

25/3/12

Martes, 26 de marzo, no 2º recreo

Martes 26 de marzo, vémonos no 2º recreo para distribuír as novas lecturas e recoller os exemplares de Skármeta.

13/3/12

Mércores, 14 de marzo: Skármeta agárdanos


Outra volta máis retomamos a Antonio Skármeta, un dos autores ben queridos no club. Vinde cos exemplares de No pasó nada e El cartero de Neruda... Vémonos ás 16,30 na biblio.

7/2/12

En febreiro, Wilde, Wilde


Vémonos o mércores 8 de febreiro para charlar doblemente sobre Wilde: O retrato de Dorian Gray e A pantasma de Canterville. Recorda que a conversa comeza ás 16,30 horas.
P.D. Non sabemos se poderá acudir o autor, pero haberá sorpresas...

15/1/12

Suso de Toro compartiu charla con nós



O mércores 11 de xaneiro Suso de Toro estivo no noso club de lectura falando de Calzados Lola e A sombra cazadora. Como moitos membros non puideron acudir polo conservatorio e os irmáns aos que coidar,... lles mostramos dúas imaxes para darlles envexa... O biscoito delicioso, os bombóms máis e o autor foi tan ameno e tan xeneroso que se nos fixo de noite sen darnos de conta.

8/1/12

"Calzados Lola" e "A sombra cazadora" en xaneiro



Sen pensalo entramos no 2012... e retomamos as conversas do club. Reunímonos o mércores 11 de xaneiro para compartir a charla en torno a dúas novelas de Suso de Toro, Calzados Lola e A sombra cazadora.
Vémonos na biblioteca ás 16,30.

18/12/11

Mércores 21 de decembro. Chegouvos a Mensaxe?



O mércores, despois das clases da mañá, vémonos na biblio para compartir comida e charla... Agárdanos unha sesión... de cómic!!!
Recordade que esta vez o autor da obra está entre nós.
Traede o bocata.

13/11/11

Compartimos con Vázquez Freire a charla


Na última reunión do club de lectura, a sorpresa foi a presenza do autor da obra lida (Anxos en tempos de chuvia), Miguel Vázquez Freire. Compartiu con nós a charla sobre a novela e explicounos algúns dos aspectos textuais, da xénese, do proceso de escrita... Disfrutamos moito cos seus saberes e confidencias. Adicounos un exemplar que xa fai parte da nosa biblioteca.
Deixamos unha foto, aínda que hai moitas máis.

4/11/11

O mércores 9, primeira reunión do club (con sorpresa)


Vos esperamos o mércores día 9 de novembro ás 16,30 na biblioteca para compartir un rato ao redor de Anxos en tempos de chuvia. Recordade traer o exemplar, ganas de falar e...

26/10/11

Venres 28 no 2º recreo, vémonos na Biblio


O venres intercambiarémonos os exemplares de Anxos en tempos de chuvia. Se eres do primeiro prazo de lectura, acorda traelo para que aos da segunda quenda lles dea tempo a lelo.