13/12/07

Decembro, a Guerra Civil


O 12 de decembro reunímonos para falar do tema do mes (a Guerra Civil española), e moitos dos participantes no club comentaron Los girasoles ciegos de Alberto Méndez. As opinións coincidían na loanza deste libro formado por catro relatos.
Se desexades saber máis da obra, teredes que agardar os comentarios, ou podedes consultar as recensións -xa publicadas noutros medios- que atoparedes á dereita.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

ainda nom conheço ninguém que nom gostasse desta obra, e tenho curiosidade por saber do caso: passou-vos isso a algumha de vós? pode alguém contar-nos que lhe desagradou e que preferia nom tê-la lido?.
[Eu nom podo. A mim impressionou-me especialmente o conto final...]

susarins.

Andersen dijo...

Hai unha páxina web na que critican a obra polo seu patetismo innecesario... Sen palabras.
Eu creo que os catro contos recollen retallos imprescindibles de ser coñecidos da nosa historia.
A prosa fluída e decididamente literaria invita a degustar non só o contido, senón tamén o escrito en si.
Só teño unha grandísima pena, e é o falecemento do autor, que nos impide aos lectores disfrutar doutros textos.

Álvaro P. Vilariño dijo...

A min desde logo impresionoume o primeiro relato, o frío, a neve, a morte da muller, do fillo. Historias terribles todas, de outros tempos que afortunadamente non tivemos que vivir.

Oki dijo...

Eu xa lin este libro fai algún tempo e coincido con todos nas impresións do mesmo.
Eu o recomendo a todos, aínda que para lelo penso que é mellor saber que son relatos terribles e máis se pensamos na grade dose de realidade que teñen.