9/1/08

Xaneiro de viaxe


O mércores 9 falamos de literatura de viaxes: dende Todos los puertos se llaman Helena, ate a Odisea, pasando por En el camino, Delicioso suicidio en grupo, Asústate, Merche! ou A expedición do Pacífico...
O 23 de xaneiro seguiremos a comentar obras de temática de viaxe. Unha lectora nos invita a ler Seda, de Alessandro Baricco... (tela a túa disposición na biblioteca do centro).

Celebramos que a Consellería de Educación concedeunos 1500€ para a posta en marcha deste club de lectores. (Publicado na páxina http://www.edu.xunta.es o 27 de decembro)
Xa estamos a matinar as prioridades nas compras. Pensa ti tamén que precisamos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Non sei que contar, libros sobre viaxes lin poucos, pero os que lin gustaronme moito.
Estou lendo El oro de los sueños de José María Merino, e non está mal de momemto, tamén lin Tódolos portos se chaman Helena, de Joan Barril (un rapaz vai con sua nai e o mozo desta nunha barcaza transportando pianos; un día o noso amigo descobre na barcaza...) e foi un libro que me gustou moito, pero o que recomendo a todo a mundo é Asustate, Merche! de Fina Casalderrey, un dos mellores libros que lin, xunto con Cando Hitler roubou o coello rosa, de Judith Kerr. Trata sobre unha familia xudía que ten que escapar de Hitler, familia rica e adiñeirada que o ten que deixar todo e fuxir.

Paula Vázquez