26/3/08
Falamos da novela epistolar...
Na tarde do mércores 26 charlamos sobre novelas epistolares; os títulos máis lidos foron Enderezo descoñecido e Cartas de inverno. Aínda que tamén se falou de "Cartas de mamá" en Las armas secretas, La amigdalitis de Tarzán, El color púrpura, 84, Charing Cross Road, Laluna.com e Cartas de amor. Se queres participar entra en Letras frescas (mira á túa dereita) e comenta as túas lecturas. Ollo! Enderezo descoñecido o atoparás no historial de Letras frescas, en febreiro.
Teremos que cambiar a data da próxima reunión (2 de abril), porque os profes asistirán ao claustro. Vémonos o 23 de abril. Vai lendo "Libros que falan de libros"; xa tés o quinto díptico?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
ola a tod@s:
En fin, despois das indirectas de certa profesora a que comentara algo na páxina do club de lectores, aquí estou. Eu xa elixín o meu libro que fala de libros (máis ben recomendado):"Días de reyes magos" de Emilio Pascual, soamente o empecei pero ten boa pinta, xa comentarei.
Un saúdo
María Fernández Moure
Publicar un comentario