Este mércores (11 de febreiro) charlamos sobre as nosas lecturas de cómics. Na conversa descubrimos a novos adeptos ao xénero; lectores que os aborrecían porque asociábanos ás lecturas da infancia e que comentaron que descubriran propostas sorprendentes nos cómics para adultos. Neste grupo incluíanse obras con referencias históricas, sociais, intimistas...
Na listaxe de Letras Frescas atoparás os títulos lidos cos comentarios dos lectores. Entra, mira, cotillea...
Moitos destes títulos telos na biblio do MGB!
13/2/09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
E dentro de pouco engrosarán esa lista a colección completa de "Murena", "Las águilas de Roma" e "Peplum", o meu último descubrimento.
O mundo clásico terá tamén o seu espazo de tebeos na biblioteca do MGB.
Tebeos, sí, que eu xa os lía antes de que se inventaran os Komics...
Hai quen lles chama tebeos, cómics, banda deseñada e o máis recente, novela gráfica... Pero todo vén ser o mesmo: fantásticas historias ben contadas para recrear. Que os disfrutemos! Farei a inmersión no mundo clásico.
Mayte
Publicar un comentario