Para xaneiro leremos Sin vuelta atrás de Jordi Sierra i Fabra; hai exemplares suficientes na biblioteca. Cólleo antes do Nadal.
Quizais sexades convocados a unha mini reunión nun recreo, estade atentos:)
Podedes ler a entrada que un membro do club escribiu en Letras Frescas (si, é o blogue da túa dereita, tica e xa entras)
1 comentario:
Hola a tod@s lectores!xa sei que non fun a ningunha reunión e pido desculpas por iso, pero e que os exames ocupan moito tempo. Frankenstein non foi unha lectura do meu agrado, pero tampouco estivo tan mal, en cambio A Metamorfose encantóume, xa lera algún pequeno fragmento do libro o ano pasado no libro de lingua castelá, pero nada comparado co libro que me pareceu fantástico. Un saúdo, e espero que nos vexamos na seguinte reunión.
FANNY
Publicar un comentario