9/2/10

Febreiro, Un loto en la nieve

O mércores 10 de febreiro, ás 16,30 charlaremos sobre a novela Un loto en la nieve. Para compensar os fríos asturianos e tibetanos merendaremos chocolate quentiño!

Se non estamos na biblioteca, búscanos. Deixaremos unha mensaxe co novo enderezo nos lugares habituais dos carteis do club. (É posible que a biblioteca sexa utilizada polas equipas que participan no xogo Odisea).

Lembra traer o teu exemplar; para devolverllelos ao CPI da Baña.
Agardámoste!!!

11/1/10

Sin vuelta atrás de Sierra i Fabra

O mércores 13 de xaneiro falaremos de Sin vuelta atrás, unha novela do coñecido escritor Jordi Sierra i Fabra.
Se desexas máis información sobre este libro, ou ler o seu primeiro capítulo, podes facelo na páxina da editorial SM: http//www.espaciolibros.grupo-sm.com/archives/204
Vémonos o mércores ás 16,30 horas na biblioteca do MGB. O chocolate e os churros nos axudarán a sobrelevar o frío (o invernal e o da temática).
Sobre o tema podes visitar os seguintes enlaces: http://www.acosomoral.org/indexbully.htm

Ver o seguinte vídeo:

10/12/09

O chocolate con churros de Gregorio...

O mércores 10 congregámonos as temerarias que non tiñamos medo a nos converter en bolboretas, cascudas ou escaravellos. Gregorio estivo a observar a escea cando Grete nos convidou a fumeante chocolate con churros. Que non estiveches? Pois perdícheo!
Para xaneiro leremos Sin vuelta atrás de Jordi Sierra i Fabra; hai exemplares suficientes na biblioteca. Cólleo antes do Nadal.
Quizais sexades convocados a unha mini reunión nun recreo, estade atentos:)
Podedes ler a entrada que un membro do club escribiu en Letras Frescas (si, é o blogue da túa dereita, tica e xa entras)

9/12/09

Mércores 9, Gregorio invita a charlar...


O mércores 9 de decembro, a pesar dos temporais, dos exames, e outras molestias verémonos na biblioteca do MGB para comentar as nosas relacións con Gregorio. A consideración da súa familia, cotillear sobre a súa vivenda... Non parece oportuno comer nada, porque bichos seguro que haberá.

18/11/09

Un comezo de medo!

Hoxe, 18 de novembro, reunímonos os novos e vellos membros do club para conversar sobre Frankenstein; algúns non remataran a lectura mais aportaban a versión cinematográfica. Alí comentamos a dificultade da obra, a xénese, as referencias autobiográficas na novela, as diferentes versións (sobre todo a incorporación do narratario, o capitánWalton), a electricidade na época, o mito clásico de Prometeo... A criatura deu para moito!
Para sobrelevar o medo os lectores inxerían unhas pirulas extraídas dunha caixa vermella.
Os membros do club decidiron que a próxima reunión sería o 9 de decembro para charlar sobre A metamorfose de Franz Kafka. Tendes exemplares da obra na Biblioteca.

Se non asistiches, solicita o teu carné do club, terás prioridade para levar a obra proposta!
Seredes convocados para unha reunión nun recreo para escoller a lectura de xaneiro... Ide pensando.



2/11/09

De volta!!!



O club de lectura NA Estrada-525 comeza a súa nova andaina grazas ao poder de convicción (e sedución) dos seus membros máis veteranos. A convocatoria é para o mércores 18 de novembro ás 16.30 horas na biblioteca do MGB. Conversaremos sobre o Frankenstein de Mary Shelley. Se aínda non dispós dun exemplar, non dubides en preguntar na biblio: proporcionarémosche un.


Se desexas formar parte do club e aínda non te apuntaches, estás a tempo de facelo.

10/5/09

En maio, pola F de fantasía


O mércores 13 de maio falaremos de novela fantástica. Seguro que tes moito que aportar... dende as lecturas da infancia ate o xénero da ciencia ficción; todo vale menos o realismo puro.
Vémonos ás 16,30 na biblio.

14/4/09

O 15 de abril, exilio e emigración


O mércores 15 de abril, xusto á volta das vacacións de Semana Santa, verémonos para falar de obras "pola E" sobre exilio e emigración. Coma sempre a cita é as 16,30 na biblioteca do MGB.

En marzo estabamos cáseque tod@s

Na reunión do 18 de marzo estabamos cáseque todos para falar de novela de detectives e de intiga, é dicir novela policiaca ou novela negra. E descubrimos que non era a temática preferida dos lectores; aínda así comentamos a Camilleri, Mankell, Conan Doyle, Agatha Cristie... e houbo quen recomendou o cómic de Blacksad.
Mira na foto se te recoñeces;)

9/3/09

Segue a pista!

A próxima reunión, sobre a temática "D, de detectives e intriga", celebrarase no lugar e hora acordados.
Se formas parte desta sociedade secreta, lembrarás o día...
mércores 18 de marzo
(mércores 18 de marzo, shhhhh!!!)
Ollo cambiouse a data de reunión!