
O mércores 15 de abril, xusto á volta das vacacións de Semana Santa, verémonos para falar de obras "pola E" sobre exilio e emigración. Coma sempre a cita é as 16,30 na biblioteca do MGB.
Sería pola extensión das obras ou polas vacacións que cáseque todos os membros do club comentaron máis dunha obra. As propostas foron do máis variado, dende Relato de un náufrago, ate O xiro postal.
Con certo (e evidente) retraso, damos conta dos textos comentados no mes de decembro: Como saliva en la arena, Un viejo que leía novelas de amor, Persépolis, Un burka por amor, películas: Babel, La boda del Monzón.
Neste curso decidimos comezar polo principio, por iso escollemos as nosas temáticas segundo a orde alfabética. O 17 de decembro vémonos ás 16.30 na biblioteca do instituto para charlar sobre "Alteridades: outras culturas, outras vivencias".
O club de lectores NA Estrada-525 retoma a súa andaina neste curso. Reunirémonos o mércores 12 de novembro ás 16,30, na Biblioteca do IES Manuel García Barros, para presentármonos.Se necesitas máis información sobre o club, podes falar con Chelo, Juana, Mayte e outros participantes na edición anterior (Paulas, Abel, Alba, María, Fany, Raquel...)
Se queres participar e non podes acudir ese día, fala con Mayte.