18/5/10

Vén buscalos!!!

Xa temos cinco exemplares de A cabeza da Medusa á vosa disposición. Vinde buscalos á biblioteca.

Se desexas ler recensións sobre a novela, consulta: http://redelectura.blogspot.com/2009/04/cabeza-da-medusa.html

Lembra que vémonos o 16 de xuño !!!

12/5/10

O 16 de Xuño, A Cabeza da Medusa

Tras un lixeiro "fracaso" de Nada entre os lectores do clube (asistentes e non asistentes), o 16 de xuño, na nosa derradeira sesión anual, comentaremos A Cabeza da Medusa , obra de Marilar Aleixandre, autora de coñecidas obras como "A Expedición do Pacífico" ou "Paxaros de papel". Non esquezades o voso exemplar (se ainda non o tedes xa sabedes a quen acudir).
Esperámosvos.

20/4/10

O mércores 12, Nada

Nada, de Carmen Laforet, é o libro escollido para a reunión do clube de lectores que terá lugar o 12 de Maio. Xa sabedes a hora: 4:30 na biblioteca do IES M. García Barros. Non esquezades trae-lo voso exemplar e o estómago baleiro...

6/4/10

Mércores 7 de abril, a segar o centeo!


O mércores 7 de abril comentaremos El guardián entre el centeno, a obra xa clásica de J.D. Salinger. Vémonos, coma sempre ás 16,30 na biblioteca do MGB. Acordádevos de traer os exemplares que nos prestou o CPI da Baña, para devolverllelos.

24/3/10

En marzo, El curioso incidente del perro a medianoche


O mércores 24 falamos sobre El curioso incidente del perro a medianoche mentres nos deleitamos con un exquisito chocolate con churros.
Para abril leremos Un guardián entre el centeno de J. D. Salinger. Se non tes o teu ejemplar non dubides en pedilo na biblioteca; hai exemplares suficientes que no los prestou o CPI da Baña. Achégate a compartir opinións o día 7 de abril ás 16:30.
Podedes ler a entrada que un membro do club escribiu en Letras Frescas (si, é o blogue da túa dereita, tica e xa entras).




J.C.

9/2/10

Febreiro, Un loto en la nieve

O mércores 10 de febreiro, ás 16,30 charlaremos sobre a novela Un loto en la nieve. Para compensar os fríos asturianos e tibetanos merendaremos chocolate quentiño!

Se non estamos na biblioteca, búscanos. Deixaremos unha mensaxe co novo enderezo nos lugares habituais dos carteis do club. (É posible que a biblioteca sexa utilizada polas equipas que participan no xogo Odisea).

Lembra traer o teu exemplar; para devolverllelos ao CPI da Baña.
Agardámoste!!!

11/1/10

Sin vuelta atrás de Sierra i Fabra

O mércores 13 de xaneiro falaremos de Sin vuelta atrás, unha novela do coñecido escritor Jordi Sierra i Fabra.
Se desexas máis información sobre este libro, ou ler o seu primeiro capítulo, podes facelo na páxina da editorial SM: http//www.espaciolibros.grupo-sm.com/archives/204
Vémonos o mércores ás 16,30 horas na biblioteca do MGB. O chocolate e os churros nos axudarán a sobrelevar o frío (o invernal e o da temática).
Sobre o tema podes visitar os seguintes enlaces: http://www.acosomoral.org/indexbully.htm

Ver o seguinte vídeo:

10/12/09

O chocolate con churros de Gregorio...

O mércores 10 congregámonos as temerarias que non tiñamos medo a nos converter en bolboretas, cascudas ou escaravellos. Gregorio estivo a observar a escea cando Grete nos convidou a fumeante chocolate con churros. Que non estiveches? Pois perdícheo!
Para xaneiro leremos Sin vuelta atrás de Jordi Sierra i Fabra; hai exemplares suficientes na biblioteca. Cólleo antes do Nadal.
Quizais sexades convocados a unha mini reunión nun recreo, estade atentos:)
Podedes ler a entrada que un membro do club escribiu en Letras Frescas (si, é o blogue da túa dereita, tica e xa entras)

9/12/09

Mércores 9, Gregorio invita a charlar...


O mércores 9 de decembro, a pesar dos temporais, dos exames, e outras molestias verémonos na biblioteca do MGB para comentar as nosas relacións con Gregorio. A consideración da súa familia, cotillear sobre a súa vivenda... Non parece oportuno comer nada, porque bichos seguro que haberá.

18/11/09

Un comezo de medo!

Hoxe, 18 de novembro, reunímonos os novos e vellos membros do club para conversar sobre Frankenstein; algúns non remataran a lectura mais aportaban a versión cinematográfica. Alí comentamos a dificultade da obra, a xénese, as referencias autobiográficas na novela, as diferentes versións (sobre todo a incorporación do narratario, o capitánWalton), a electricidade na época, o mito clásico de Prometeo... A criatura deu para moito!
Para sobrelevar o medo os lectores inxerían unhas pirulas extraídas dunha caixa vermella.
Os membros do club decidiron que a próxima reunión sería o 9 de decembro para charlar sobre A metamorfose de Franz Kafka. Tendes exemplares da obra na Biblioteca.

Se non asistiches, solicita o teu carné do club, terás prioridade para levar a obra proposta!
Seredes convocados para unha reunión nun recreo para escoller a lectura de xaneiro... Ide pensando.